Sobre nosotros
Nace para converterse nun espazo no que aprender e tomar parte. Un lugar no que xogar co tempo e co espazo; pensado para convivir, manipular, ler, escoitar, compartir, tocar, divertirse, falar...e por suposto: para ser, pensar e sentir.
Compartimos a idea de que a vida e un proceso de aprendizaxe permanente. Nunca deberiamos dar por feito que xa aprendimos todo o necesario; xa que cremos que a vida e, en si mesma, o noso proceso de aprendizaxe mais significativo e persoal.
Buscaremos xeitos e xeitos de poner a proba a nosa curiosidade. Cremos que a curiosidade e unha valiosisima fonte de creatividade, o condimento necesario para ser quen de seguir sorprendendonos e desfrutando coas cousas que acontecen ao noso arredor.